@ascuruxas (Báner de blog)

A Galicia profunda

Un tema de actualidade, a Galicia profunda representada por Muros enfrontada a unha cidade chamada Marbella, que representa o cosmopolitismo. Imos contextualizar, Marbella é unha cidade de cento corenta mil habitantes, máis grande que Ourense e máis pequena que Vigo, pero claramente unha cidade dedicada ao servicio terciario, chea do sector servicios, por mor do turismo. Noutra banda atópase Muros, unha vila de oito mil cincocentos habitantes na que o seu principal sector económico é o primario dedicado ao mar en todas as súas vertentes, xa sexa: marisqueo, acuicultura, conserva ou pesca. Todos nos podemos imaxinar o que existe en cada unha desas cidades. Nas dúas haberá escolas, médicos, supermercados, librarías, parques, etc.

Entorno a 30 anos fai que xurdiron os dereitos da infancia:

  1. Dereito á vida, temos a obrigación de garantir a súa supervivencia e desenvolvemento.
  2. Dereito á saúde.
  3. Dereito á protección, teñen dereito a vivir nun contexto seguro e protexido que preserve o seu benestar.
  4. Dereito á educación, onde todos teñen dereito a unha educación primaria gratuíta e obrigatoria
  5. Dereito á identidade, ter un nome, un apelido e unha nacionalidade, da mesma maneira a saber quen son seus pais.
  6. Dereito ao ocio, dereito ao esparcemento, ao xogo e a participar de actividades artísticas e culturais. Darlle a oportunidade de xogar, ter un espazo e tempo para o ocio.
  7. Dereito a unha información de calidade, sempre coa finalidade de promover o seu benestar mora, o coñecemento e a comprensión.
  8. Dereito á liberdade de expresión e opinión, ten dereito a expresar a súa opinión e a que esta se teña en conta nos asuntos que lle afecta.
  9. Dereito á intimidade, ningún neno debe sufrir intromisións arbitrarias ou ilexítimas na súa vida privada, familiar ou no seu fogar.
  10. Dereito a asociarse, creando asociación, a ser membros das mesmas e a celebrar reunións pacíficas, mentres non vaian encontra da liberdade e dos dereitos de outras persoas.

Agora podémonos por a divagar sobre cal cumpre mellor ou peor as súas necesidades, pero non cremos que ninguén dubide que as dúas poden cubrir os seus dereitos. O que non quita é que coa denominación Galicia profunda e elixindo a Marbella como unha cidade máis adecuada para a crianza do menor, está  a existir un agravio comparativo.

Dito isto, a nosa elección sempre sería a máis achegada á natureza, a cal lle vai proporcionar ao menor mellor calidade de vida, menor contaminación de gases, menor contaminación acústica e lumínica, así como maior tranquilidade e a posibilidade de estar en espazos máis abertos. Gozar de todo isto tamén depende das capacidades e necesidades que teñan ou se poña a familia.

A xuíza denominaba cosmopolita a Marbella, o que quere dicir que é un lugar onde conflúen persoas de diversas nacións, costumes, etc. Unha persoa cosmopolita será aquela que se move por moitos países e se mostra aberta as súas culturas e costumes. Pensamos que Muros non se queda atrás nesta denominación e non quita que un muradán poida ser unha persoa cosmopolita. A non ser que a xuíza o que quixera dicir é que Marbella ten moitos servizos que van poder satisfacer as necesidades máis superfluas do menor e dos seus pais, de querelas ter. Poida que esa sexa a liberdade mal entendida a que moitos aspiran e polo que calquera vila ou aldea de Galicia lles é unha cadea cando para nós é a maior expresión de liberdade.

Máis artigos

Deixa un comentario