Campamentos

2º Campamento de nadal

Campamento de Nadal

A temática deste campamento xira arredor das festividades propias do Nadal, tanto galegas como doutras partes do mundo. Aproveitamos estas datas para aprender a través da creatividade, o xogo e a celebración.

Todos os luns están dedicados á ciencia. Cremos que realizar experimentos por un mesmo/a é unha das mellores formas de espertar o interese científico.

O resto da semana combinamos manualidades, obradoiros, teatro e xogos, creando un ambiente variado e enriquecedor.

O noso obxectivo principal é que fagan amizades, se divirtan, colaboren e sintan que forman parte dun grupo.

Campamentos de Verán

En cada edición propomos unha temática distinta para que os nenos e nenas que repiten poidan vivir experiencias novas: arte, natureza, cultura, teatro ou música.

Os luns están dedicados á ciencia, con experimentos adaptados a cada idade que fomentan a curiosidade e o pensamento crítico.

Co bo tempo, saímos ao parque ou facemos excursións ao río para refrescarnos e gozar da contorna.

Buscamos un ambiente relaxado onde crear, aprender, convivir e divertirse sexan parte do día a día.

Campamento de verán

Así de ben o pasamos

Contacta connosco

A temática destes campamentos cambia todos os anos. Descúbreos!