Clases de refozo

Clases grupais
O noso servizo principal. Grupos reducidos (máx. 4 alumnos/as) para poder atender ben a cada persoa.
Adaptamos os grupos segundo o curso ou ciclo educativo sempre que é posible.
Reservamos horarios específicos para primaria e 2º de bacharelato, os dous niveis que máis apoio demandan.
💬Pode vir unha hora á semana ou varias: adaptámonos ao número de materias e ao ritmo de cada estudante.
Serven tanto para resolver dúbidas, facer deberes como para preparar exames.
Clases a domicilio
Un servizo pensado para quen vive fóra da vila de Allariz e non pode desprazarse.
Imos ata a túa casa para que non teñas que preocuparte polos traslados.
🤝 É unha maneira de apoiar a conciliación familiar e a educación no rural.


Clases individuais
Para quen precisa atención total.
Reservamos unhas poucas prazas cada curso para clases individuais, adaptadas 100% ás necesidades dun só alumno/a.
📌 Este servizo adoita cubrirse xa en setembro, así que se estás interesado/a, recomendamos consultar dispoñibilidade canto antes.
Clases extraordinarias
Se tes un exame concreto e só precisas un empurrón final, esta é a opción perfecta.
📚 Organizamos sesións soltas a petición para resolver dúbidas ou repasar contidos clave.
⚠️ Iso si, non agardes ao último día: temos que cadrar axendas con tempo.

Contacta connosco
Se queres saber máis sobre horarios, tarifas ou dispoñibilidade, escríbenos ou chámanos sen compromiso.
Estaremos encantadas de axudarche a buscar a opción que mellor se adapte a ti.