Ensinamos ben as matemáticas? Parte 2

Ensinamos ben as matemáticas? Parte 2

Na anterior entrega deste artigo, falamos de todo o que ten que aportar ao alumnado o coñecemento matemático cando está ben desenvolto e afianzado nos nenos e nenas.

Hoxe ímonos centrar en estratexias e prácticas que debemos ter nas aulas de matemáticas para poder garantir que iso aconteza.

Que problemas atopamos nas aulas de matemáticas?

O matemático Chevallard, profesor e investigador no campo da didáctica, facía fincapé na despersonalización do saber nas aulas. Os conceptos que se ensinan fanse desde unha realidade antihistórica, intemporal, que se impón por si mesma. É dicir, explicamos os conceptos matemáticos desde unha realidade que non ten relación, nin se lle pode ver a utilidade ou pertinencia á vida do alumnado. Os nenos e nenas adquiren os coñecementos de xeito mecánico, sen desenvolver o razoamento lóxico, o que dificulta a aprendizaxe dos seguintes conceptos. Creándose un problema de base en lugar duns cimentos de coñecemento fortes.

Nas escolas hai unha problemática na aprendizaxe. Non imos analizar isto en profundidade, pero podemos afirmar que non todos os alumnos/as teñen as mesmas facilidades nin as mesmas necesidades. Isto, nunhas aulas que están masificadas, dificultan moito poder ofertar unha ensinanza de calidade.

Como podemos mellorar?

Doutor en matemáticas e pedagogo
Pedro Puig Adam, matemático e pedagogo ISBN:84-7583-441-8

O doutro Pedro Puig Adam, propuxo un decálogo ao que tentar axustarse o máximo posible na didáctica da aula. A proposta recibe o nome de “Decálogo da Didáctica da Matemática Media” e ten os seguintes puntos:

  • Non adoptar unha didáctica ríxida, senón axeitada en cada caso ao alumno/a, observándoo constantemente.
  • Non esquecer a orixe das matemáticas nin os procesos históricos da súa evolución.
  • Presentar as matemáticas como unha unidade en relación coa vida natural e social.
  • Graduar coidadosamente os planos de abstracción.
  • Ensinar guiando a actividade creadora e descubridora do alumnado.
  • Estimular dita actividade espertando interese directo e funcional cara o obxecto do coñecemento.
  • Promover en todo o posible a autocorrección.
  • Conseguir certa mestría nas solucións antes automatizadas.
  • Coidas que a expresión do alumnado sexa a tradución fiel do seu pensamento.
  • Procurar a todo o alumnado éxitos que eviten o seu desalento.

Como xa dixemos antes, é moi complexo que no actual sistema educativo que ten problemas de masificación e fondos se poidan ver todas estas pautas reflexadas.

Cremos que nas matemáticas é moi necesario mostrar o papel práctico que teñen na vida. Que os nenos e nenas entendan que as matemáticas xurdiron da necesidade de resolver problemáticas na vida cotiá para a maioría dos conceptos matemáticos foron creados para resolver problemas da vida cotiá. Gran parte destas problemáticas caeron no esquecemento, ensinando nas aulas unhas matemáticas carentes de sentido.

É importante, entón, buscar fóra das aulas, na medida das nosas posibilidades, un espazo onde poder traballar as matemáticas de xeito transversal, manipulativo e cun enfoque totalmente ligado á realidade dos nenos e nenas.

Máis artigos

1 comentario en “Ensinamos ben as matemáticas? Parte 2”

Deixa un comentario