No ceo vense estrelas e planetas xunto a un cosmonauta que está frotando. Á esquerda abaixo hai dúas dunas de area cun camello deitado nelas. Á dereita hai un mono pendurado dun cartel que pon as datas do campamento (Do 30 de xuño ao 1 de agosto). No centro do cartel aparece a palabra "exploradores" en azul e abaixo "VII campamento de verán" en negro

Este verán, a aventura comeza en Allariz

Campamento Exploradores 2025 – Do 30 de xuño ao 1 de agosto

Este verán, n’As Curuxas propoñémosvos unha viaxe polos hábitats máis representativos do mundo… sen saír de Allariz! Chega o noso Campamento Exploradores, unha proposta chea de emoción, aprendizaxe e natureza para nenos e nenas de infantil e primaria, de entre 3 a 12 anos.

Durante cinco semanas, acompañaremos aos máis pequenos e pequenas nunha travesía polos hábitats máis sorprendentes do planeta. Cada semana exploraremos un novo territorio: polo norte xeado, desertos cálidos, selvas misteriosas, o espazo infinito ou os fondos mariños. Todo a través do xogo, a creatividade e a curiosidade.

Que vos agarda nesta expedición?

  • Os luns, ciencia! Experimentos, observacións e xogos científicos adaptados a cada idade e relacionado co lugar que estamos explorando.
  • Xincanas e xogos de enxeño
  • Actividades ao aire libre e buscas do tesouro
  • Xogos cooperativos, creativos e movemento
  • Guerras de globos de auga, xogos de verán e diversión asegurada

Cada semana conta cun fío condutor independente, polo que podes escoller participar só nalgunhas ou vir toda a expedición completa!

Información práctica

  • Datas: do 30 de xuño ao 1 de agosto (de luns a venres, excepto festivos)
  • Horario: de 10:00 a 14:00
  • Acollida temperá: de 8:00 a 15:00
  • Lugar: Local de As Curuxas – R/ Emilia Pardo Bazán, 74. Allariz

Tarifas

Ofrecemos opcións flexibles para adaptarnos ao teu verán:

  • Podes asistir días soltos, semanas soltas ou todo o mes.
  • O campamento completo (24 días) ten un prezo de 240.
  • As semanas soltas van desde 48 a 60, segundo a duración.
  • Aplicamos descontos do 10% para irmáns, alumnado da academia ou membros da ANPA (non acumulables).

Se precisas acollida temperá (de 8:00 a 10:00 ou de 14:00 a 15:00), o custo engádese á parte: 1/día.

Escríbenos sen compromiso e contámosche cal é a opción que mellor encaixa co que buscas.

Descontos dispoñibles (non acumulables):

  • Irmáns: 10%
  • Alumnado da academia: 10%
  • Membros da ANPA do CEIP de Allariz: 10%

Por que escollernos?

Porque non somos un campamento máis. N’ As Curuxas deseñamos unha proposta totalmente tematizada, coidada ao detalle para que cada día sexa unha experiencia diferente. Non só xogamos: aprendemos, creamos e medramos xuntos.

Ademias da nosa experiencia, posto que este xa é o noso séptimo campamento de verán, o que implica que xa fixemos 13 campamentos (hai que contar tamén os de Nadal)!

Queres máis información ou reservar praza?
Escríbenos por redes, visítanos na academia ou chámanos.
As prazas son limitadas, non quedes sen a túa!

Exploradores 2025: porque a aventura está onde a imaxinación comeza.

Máis artigos

Deixa un comentario