O 23 de abril é unha data sinalada: celebramos o Día do Libro, unha oportunidade perfecta para achegar aos nenos e nenas ao marabilloso mundo da lectura. Dende idades temperás, os libros convértense en portas abertas á imaxinación, á aprendizaxe e á emoción.
Por iso, queremos compartir convosco un pequeno recurso: un PDF con 9 marcapáxinas diferentes para colorear, acompañados de frases inspiradoras extraídas de libros recoñecidos. Trátase dun material sinxelo, imprimible e creativo, ideal para traballar tanto na aula como na casa.
Que atoparedes neste recurso?
- Marcapáxinas en branco e negro listos para imprimir
- Ilustracións atractivas para que o alumnado poida colorear ao seu gusto
- Frases motivadoras que conectan coa maxia da lectura
Para que o podedes usar? Aquí van algunhas ideas:
- Crear o voso propio marcapáxinas personalizado tras un momento de lectura
- Acompañar a lectura dun conto ou libro relacionado coa frase
- Facer un pequeno recuncho da lectura na aula ou na casa
- Regalar un marcapáxinas a un compañeiro/a ou familiar, recomendando un libro
- Iniciar conversas sobre que nos transmiten as frases
Este tipo de actividades non só fomentan o gusto pola lectura, senón que tamén a expresión persoal.
Animámosvos a descargar o recurso, imprimilo e encher de cor estes marcapáxinas mentres seguimos construíndo, entre todos e todas, o amor polos libros.


