O vindeiro sábado 27 de novembro ás 10am terá lugar no noso local (Av. 25 de xullo, 9. Allariz) un obradoiro de xabóns artesanais e oleatos.
Luisa, unha artesá que leva moitos anos realizando este tipo de xabóns, vai acompañarnos durante unhas 4 horas para explicarnos todo o que temos que saber para iniciarnos ou perfeccionarnos no mundo dos xabóns artesanais.
Realizaremos un xabón para poder paso a paso todo o proceso e así poder resolver todas as dúbidas que nos poidan xurdir. Mentres o xabón está repousando, falaremos de como crear oleatos (aceites esenciais) aproveitando as propiedades medicinais que as plantas e herbas nos poden ofertar. Finalmente, remataremos de montar o xabón.
Como é unha xornada grande realizaremos unha pequena pausa para o café, no propio local.
A actividade estará adaptada ás medidas sanitarias do covid, polo que as prazas están limitadas ao aforo. Para reservar a túa praza podes pasar polo noso local ou chamar ao 699 75 11 48.
O prezo da actividade será de 20€ que haberá que pagar por adiantado para reservar a praza.