Obradoiros

As Curuxas tamén organizamos obradoiros para colexios e asociacións privadas. Deixamos aquí unha mostra da nosa oferta pero se tes algo en mente que aquí non aparece non dubides en porte en contacto con nós para falalo.

Club de ciencias

Sesión semanal para nenos e nenas de 6 a 12 anos no noso local de Allariz.

Cada mes traballamos unha temática diferente: química, corpo humano, electricidade, ecoloxía...

As sesións son prácticas e participativas, nun ambiente cercano e con grupos reducidos.

Un espazo para experimentar, investigar e aprender xogando.

Obradoiros temáticos

Organizamos obradoiros para centros escolares, asociacións e entidades culturais, adaptando os contidos á idade e ás necesidades de cada grupo.

Algunhas das temáticas dispoñibles son:

  • Ciencia e experimentación
  • Nutrición e hábitos saudables
  • Ecoloxismo e medio ambiente
  • Igualdade de xénero e diversidade

Deseñamos cada obradoiro á medida, segundo a duración, o espazo e o enfoque desexado.

Cursos de galego

Preparación para os exames oficiais de galego CELGA 1, 2, 3 e 4.

Ofrecemos grupos reducidos, materiais adaptados e apoio na expresión oral e escrita.

Dirixido a persoas adultas que queiran mellorar ou certificar o seu nivel de galego.

Outros cursos

Segundo a demanda, organizamos formacións puntuais como:

  • Técnicas de estudo para nenos/as e adolescentes
  • Preparación da proba libre da ESO para persoas adultas
  • Sesións para mellorar a autonomía na aprendizaxe

Consulta connosco para coñecer as datas ou reservar praza.

Traballamos e aprendemos

Contacta connosco

Se representas un centro ou asociación, ou es unha persoa interesada en calquera destes servizos, escribe e buscamos a mellor opción.