Quen somos

Raquel As Curuxas

Raquel

Creo que se hai algo que me caracteriza de verdade é que son unha persoa moi inqueda. Sempre cunha nova idea na mente e con interese por aprender algo novo.

Gradueime en Química pola Universidade de Santiago. Cursei un mestrado en ciencias agroambientais en Ourense e agora estou facendo un doutorado nese mesmo campo. Facendo un estudo spbre o cobre nos viñedos galegos.

Porén, sempre sentín unha gran fascinación por levarlle o coñecemento científico aos nenos e nenas. Por iso me animei cun amigos a fundar a Sociedade Xuvenil Galega de Química. Con ela fomos a feiras tecnolóxicas e colexios a ensinarlle de xeito didáctico e práctico sobre ciencia aos nenos e nenas. Esta experiencia foi a que propiciou que cando a vida me fixo tropezar coa Antía, xurdira diso un proxecto tan bonito como As Curuxas.

Propio desde carácter inquedo do que antes falaba, fixen varios cursos que poden beneficiar o meu traballo na academia. Cursos sobre o espectro autista, trastronos de aprendizaxe da conduta ou afectivos ou obradoiros de intervención para adolescentes difíciles. Tamén teño o curso de Monitor de Tempo Libre homologado pola Xunta de Galicia.

Como gran proxecto de futuro gustaríame aprender e dominar a Linguaxe de Signos e poder ofertar clases para a comunidade xordomuda.

Antía

Son unha persoa activa e curiosa, creo firmemente que a aprendizaxe non ten fin e poder aprender de todo e de todos enriquécenos como individuos. Teño dúas paixóns que destacan, a educación e a alimentación. Como na educación, quero conquistar e poder transmitir ás persoas hábitos de vida saudables. Os meus achegados considéranme algo terca pero creo que temos que volver a aprender a alimentarnos.

Son graduada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos na U.Vigo, a curiosidade pola educación levoume a realizar o mestrado de profesorado e posteriormente o mestrado en ciencias agroalimentaria e ambiental onde coñecín a Raquel e comezou a xermolar o curioso proxecto das Curuxas. Os traballos fin de etapa sempre os vinculei coa alimentación e este proxecto permítenos seguir transmitindo estas ideas aos máis pequenos.

Teño realizados unha morea de cursos vinculados coa educación sobre Transtornos da aprendizaxe, conduta e estados afectivos, intervención con nenos e adolescentes difíciles, neuroeducación, autismo e habilidades sociais. Nesta mesma liña teño o curso de Monitor de ocio e tempo libre.

Na actualidade, co afán de seguir formándome, estou a cursar o grao de eduación primaria e un mestrado de nutrición e saúde.

Antía As Curuxas

Tania

Unhas das cousas polas que decidín ser docente foi por todos aqueles profesores da miña infancia. Moitos deles eran capaces de transmitir esa paixón pola ensinanza que agora eu teño.

O camiño non foi fácil, empecei polo máis baixo ata onde estou agora, e aínda me queda moitísimo para chegar onde eu quero.

Estudei o ciclo medio de Atención Sociosanitaria, que me deu a posibilidade de ir de Erasmus a Finlandia e alí coñecer o método de educación que utilizan (impresionante). Logo, fixen o ciclo superior de Educación Infantil, o cal me deu saída para estudar o Grao de Educación Primaria.
Pouco a pouco, compaxinando coa carreira, quitei o A2 de Lingua de Signos, o curso de Monitor de tempo libre e varios cursos sobre app´s educativas e educación en liña.

Ser docente quere dicir estar en constante aprendizaxe. Os propósitos que teño son seguir estudando Lingua de Signos, coñecer máis en profundidade as pedagoxías alternativas de Montessori, Waldorf, Reggio Emilia e Pikler.

Queres ver que facemos?