Remata un novo curso, chega o verán e, con el, unha nova edición do Campamento do Verán d’As Curuxas. Este ano será diferente para poder adaptarnos a estas vacacións tan atípicas pero coa mesma esencia de sempre: pasalo ben.
Este ano contaremos con tres quendas diferentes, cada unha coa súa propia temática, de xeito que funcionen como campamentos independentes entre si. Se alguén quere ou necesita repetir e vir a varias quendas poderá facelo sen ningún problema.
A primeira quenda será na segunda quincena de xullo, do día 13 ao 31. A súa temática será “Unha volta arredor do mundo”, co fin de que os nenos/as coñezan múltiples países do mundo e amplien as súas fronteiras.
A segunda quenda será na primeira quincena de agosto, do día 1 ao 15. Será un campamento de superheroes onde os nenos/as terán que entrenar e pasar probas para conseguir todas as insígneas que lle permitan estar preparados/as para protexer ao mundo.
Na terceira, e última quenda, a temática a desenvolver será o medioambiente e o amor polo planeta e a natureza. Vivimos en tempos nos que aprender valores e concienciación sobre o medio que nos rodea son máis importantes ca nunca. Esta quenda terá lugar na segunda quincena de agosto, do día 16 ao 31.
Todos os campamentos serán en horario de mañá, de 10am a 2pm, de luns a venres, agás festivos. Tamén temos un horario especial para a conciliación laboral, coa posibilidade de recoller aos nenos/as ás 9 da mañá.
Mencionar que os irmáns ou os membros da ANPA Airiña de Allariz terán un 10% de desconto nos campamentos.
Todas estas actividades están adaptadas aos novos requerimentos en seguridade que esixen desde a Xunta de Galicia e o Goberno de España. Pero, como pode ser iso?
Pódese facer un campamento respetando o distanciamento social?
Todos os espazos da academia foron adapatados á nova normalidade. Por exemplo, dentro do local en vez de facer todo o traballo de manualidades xuntos na zona común, os nenos e nenas serán divididos en tres grupos donde poderán traballar respectando a distancia de seguridade ou con mamparas de separación. Outro exemplo desta adaptación é a creación de cadrados no chan de 1,5×1,5m para uso individual.
Ademais de todo isto, todas as actividades foron adaptadas para que se cumpran as medidas de seguridade que determina a Xunta de Galicia, evitando o uso de material compartido ou sendo desinfectado despois de cada uso.
Por último, terá prioridade o uso de espazos ao aire libre sempre que o tempo o permita.
Que outras medidas de seguridade haberá?
- Uso de máscara por todos os participantes, aínda que sexan menores de 6 anos, cando a distancia non se manteña.
- Control de casos no entorno de cada participante.
- Desinfección de mans e pés e medición da temperatura cada mañá antes de entrar ao local.
- Lavado de mans ao remate de cada actividade.
- Non se poderán traer xoguetes da casa.
- Os almorzos deben ser fáciles de xestionar por cada neno.
- Espazo habilitado e individual para gardar a mochila e a chaqueta.
- Material individual e intransferible.
- Xogos sen contacto físico, en caso de ter que formar parellas estas serán sempre as mesmas ao longo de todo o campamento.
Serán os nenos e nenas capaces de respectar esas normas?
O primeiro día de cada campamento, adicaráselle por enteiro a esta cuestión. Mediante xogos e cancións explicarémoslle as normas que debe seguir no campamento e a súa importancia.
Ademais, como caen todos a luns que é o día que sempre lle adicamos ás ciencias, faremos tres ou catros experimentos con eles e elas para que vexan o porque destas normas.
Pode ser un campamento deste estilo divertido?
Os nenos e as nenas demostraron xa durante o confinamento a súa gran capacidade de adaptación ás novas situacións. Ademais, todas as actividades dun campamento teñen como finalidade que os seus participantes o pasen ben e aprendan algo novo. Estes dous factores xuntos son a clave para que os campamentos adaptados á realidade covid saian ben e sexan tan divertidos coma sempre.
A chamada nova normalidade chegou para quedarse unha boa tempada. O máis seguro é que moitos dos nosos nenos e nenas teñan que aprendar a convivir co distanciamento social e coa máscara durante o curso 2020/2021. Así que, que mellor maneira de aprender a relacionarse nesta tesitura que nun entorno lúdico e relaxado como é un campamento. Os nenos/as adáptanse moi ben as novas situacións, mellor que moitos adultos, polo que este verán é o momento de experimentar ata conseguilo.
Se tes calquera dúbida ou precisas máis información ponte en contacto con nós!