Academia As Curuxas
Aula das ciencias en Allariz
Educación e ocio para medrar aprendendo.
Ofrecemos clases adaptadas a cada realidade e campamentos ou obradoiros temáticos para aprender tamén nas vacacións.
O que podemos facer por ti
Ofrecemos clases de reforzo en pequenos grupos (máx. 4 persoas), individuais ou a domicilio, segundo as necesidades de cada familia.
Tamén organizamos obradoiros temáticos en centros escolares e asociacións, e campamentos urbanos no noso local durante as vacacións escolares.
Resolver dúbidas, practicar exercicios e preparar exames nun entorno cercano e personalizado.
Ciencia, nutrición, ecoloxismo, igualdade… Actividades temáticas para centros escolares e eventos.
O último do noso blog

A Noite de San Xoán en Galicia: lume, herbas, lendas e moita memoria
Hai noites especiais. E despois está a Noite de San Xoán. Na noite do 23 ao 24 de xuño, Galicia énchese de fogueiras, cheiro a herbas recén

A volta ao mundo en 30 días: así será o noso campamento de verán en Allariz
Este verán nas Curuxas imos facer algo máis que un campamento. Durante cinco semanas viaxaremos polos cinco continentes para descubrir culturas, xogos, gastronomía, ciencia, arte e tradicións

Os Maios: unha festa que florece dende a antigüidade
A primavera sempre tivo algo máxico: o frío retírase, os días medran, e a natureza esperta con forza. En Galicia, esa enerxía transformouse nunha festa única e
Acadar as súas metas
Quen somos
Somos dúas graduadas en ciencias con paixón pola educación e a divulgación. A nosa experiencia combínase co compromiso de axudar a cada neno/a a aprender ao seu ritmo. Cremos nunha ensinanza adaptada, participativa e humana, tanto na aula como nos momentos de lecer.
Reforzar, acompañar e espertar o interese polo coñecemento en cada etapa.