campamento de nadal

No 6º campamento de nadal quedámonos coa esencia: valores, tradicións e diversión responsable

O Nadal está á volta da esquina, e n’As Curuxas estamos emocionadas de presentar o noso campamento de nadal anual para nenos de 3 a 12 anos! No noso sexto ano consecutivo, decidimos volver ás raíces coa temática “A Esencia do Nadal”. Queremos explorar a verdadeira esencia destas festas, sen ruído e sen complicacións, destacando os valores que deberían guiarnos no Nadal e en calquera momento do ano. Centrándonos na importancia de que os nenos sexan nenos, tirando de creatividade, manipulando, descubrindo e sobre todo xogando.

Campamento de nadal sostible: cero residuos e natureza en acción

N’As Curuxas, estamos orgullosas presentar un campamento centrado no mundo natural, nas tradicións, na comunidade e nos valores sociais. Este ano, damos un paso adiante cara á sostibilidade, practicando a reciclaxe, reutilización, redución e reuso dos recursos que nos rodean. Sempre foi un valor necesario que trasmitirlle aos rapaces, pero nesta ocasión queremos que sexa eixe fundamental ao redor do cal xirar. Queremos que os nenos experimenten a maxia do nadal mentres aprenden a importancia de coidar do noso entorno.

Unha Inmersión na natureza e nas tradicións

Comezaremos o campamento cun conto de nadal baseado na convivencia de animais e ambientado no noso fermoso bosque. A partir desta historia, os nenos participarán en tarefas que os amigos do conto realizan no seu entorno natural. Todos os días, explorarán e reflexionarán sobre a natureza e a convivencia en comunidade, creando un mural que se sumará aos realizados en anos anteriores. Ademais, levaremos a cabo prácticas sostibles, como o baleirado diario do composteiro que axudará a reducir os nosos residuos.

Actividades tradicionais cun toque especial

O campamento “A Esencia do Nadal” non só trata de valores e sostibilidade; tamén ofrecemos unha variedade de actividades divertidas e educativas:

  1. Elaboración de galletas: Os nenos aprenderán a facer deliciosas galletas de nadal, levándoas a casa non só co sabor, senón tamén coa receita para compartila en familia!
  2. Xogos tradicionais: Recuperaremos xogos da época dos nosos avós, fomentando a diversión e a conexión entre xeracións. Que mellor xeito de pasar unha tarde de nadal que podendo xogar cos teus avós!
  3. Cantar os reis pola vila: Imos espallar a ledicia de nadal por Allariz, cantando panxoliñas e compartindo sorrisos. Se na cultura galega hai unha tradición especial en nadal esta é a dos cantares de reis, non había vila ou pequena aldea na que os nenos non recorreran as casas dos veciños para amenizar o día de reis e recibir algunha larpeirada.
  4. Chocolate quente: Nada mellor que preparar e gozar dun reconfortante chocolate quente xuntos.
  5. Bingo: Diversión asegurada con premios especiais para manter o espírito competitivo festivo!
  6. Obradoiros sostibles: As crianzas crearán adornos de nadal con elementos naturais e estacionais, promovendo os cero residuos, a reutilización e o reciclaxe.
  7. Amigo invisible artesanal: Fomentaremos o compañeirismo e a creatividade ao facer agasallos únicos e artesanais para o amigo invisible.

Únete a nós no campamento de nadal!

Convidámoste a ser parte desta viaxe única que celebra a esencia do nadal. N’As Curuxas, cremos na importancia de transmitir valores, coidar do noso entorno e, sobre todo, gozar do espírito de nadal dunha maneira significativa.

Se estás a buscar un campamento onde os teus fillos/as non só se divirtan, senón que tamén aprendan valores importantes, non busques máis! “A Esencia do Nadal” é o lugar perfecto para crear recordos duradeiros e fomentar o amor pola natureza, crear comunidade e vivir as tradicións dunha maneira diferente.

Reserva agora e únete á celebración

Para asegurar un lugar para o teu fillo/a no noso campamento de Nadal, reserva agora! As prazas son limitadas, queremos un campamento íntimo e tranquilo polo que ofertamos menos prazas que nos campamentos de verán.

Chama ao 699 75 11 48, pasa polo noso local ou manda un correo a academiaascuruxas@gmail.com

Agardámoste!

Máis artigos

Deixa un comentario