3

A importancia de organizarse

Estamos a piques de entrar nas semanas fortes de exames antes do remate da segunda avaliación. A maior parque dos estudantes están moi sufocados ante a cantidade de traballo que teñen estes días. Por iso, desde As Curuxas, pensamos que sería interesante falar da importancia de organizarse.

Que gañades se organizades o voso día, a vosa semana ou o voso mes? A principal vantaxe é ter claro cales son as vosas obrigas e, polo tanto, poder decidir como repartir as tarefas para cumprilas. Se tedes claro cando tedes todos os vosos exames, seravos moito máis fácil decidir cando tedes que comezar a estudar cada materia e como distribuír o voso tempo. Outra vantaxe é, que se tedes o voso tempo ben administrado ides gañar tempo libre para vós. Se sabedes que tedes que facer cada día para cumprir os vosos obxectivos, podedes aproveitar mellor o tempo e rematar antes coas vosas obrigas. Unha vez feitos os deberes e estudado para os exames podedes adicar o resto da tarde ás vosas aficións.

Para comezar a adentrarse no mundo da organización do voso tempo, cremos que o máis sinxelo é cun organizador semanal. Con el, nunha soa visual, poderedes saber que vos depara a semana e administrar a vosa carga de traballo.

Deixamos aquí o link para que descargues e imprimas o organizador semanal que ti queiras, en total son 4 diferentes.

Máis artigos

Deixa un comentario