Xogos dominó de conceptos

Números enteiros: sumas e restas

Un tema moi importante nas matemáticas son as operacións con signos diferentes. Danse nos cursos máis baixos da ESO pero é algo que nos acompañará o resto da nosa vida académica.

Para poder sumar e restar números enteiros temos que ter en conta unha serie de normas:

Números co mesmo signo

Os dous números que temos que sumar ou restar teñen o mesmo signo, é dicir, os dous números son positivos ou os dous números son negativos. Ante isto o que temos que facer é deixar o signo que posúen ambos números e sumar os seus valores.

3+7 = +10

-2 – 8= -10

Números con diferente signo

Cada un dos números que temos que sumar ou restar teñen signos diferentes. O que determina o signo do noso resultado, será o signo do número máis alto. Unha vez escollido o signo, temos que restar o valor dos números.

3 – 7= -4
Entre o 7 e o 3, quen é máis grande? O 7 é máis grande que o 3, polo que o resultado ten que ter o signo do 7, que é negativo. Despois restamos os valores dos números 7-3.

Agora deixamos un vídeo con exemplos e exercicios para que todo isto quede moito máis claro.

Máis artigos

Deixa un comentario